Estatutos

ESTATUTOS DO CLUB

Club Boa Vila de Tiro con Arco

CAPíTULO I
NORMAS XERAIS

Artiqo 1.-

O Club Boa Vila de Tiro con Arco é unha asociación privada con personalidade xurídica e capacidade de obrar, integrada por persoas físicas ou xurídicas, que ten o seu domicilio no Concello de Pontevedra, na comunidades Autónoma de Galicia e que ten como obxecto primordial o fomento e a práctica continuada dunha ou varias modalidades deportivas, así como a participación en actividades e competicións deportivas calquera que sexa o seu nivel e destinatario, e a celebración das suas propias competicións ou eventos deportivos e sociais, sen ánimo de lucro.

Artiqo 2.-

O Club Boa Vila de Tiro con Arco fomentará a actividade física e deportiva en xeral e do tiro con arco en particular, para o que elaborará anualmente un programa de actividades que atenda:

a) Á promoción do tiro con arco.
b) Á docencia e tecnificación deportiva.
c) Á práctica deportiva competitiva.
d) Ao tiro con arco como actividade lúdico-recreativa.

 Practicará como principal modalidade deportiva a de tiro con arco, e solicitará a ratificación dos Estatutos e a inscrición no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia, de conformidade coa Lei 312012 do deporte de Galicia.

O Club Boa Vila de Tiro con Arco poderá acordar a creación de novas seccións para a práctica doutras modalidades deportivas.

Artiqo 3.-

Este Club foi constituído mediante acta fundacional subscrita perante notario o 14 de xuño de 1991. Así mesmo, foi inscrito no Rexistro de Clubs, Federacións e Entidades Deportivas de Galicia co número 3365, o día 23 de decembro de 1991 . Foi inscrito no Rexistro Municipal de Asociación do Excelentísimo Concello de Pontevedra co número: 164. O seu CIF é G36166759

Actualmente, o domicilio social do Club Boa Vila de Tiro con Arco fíxase no Campo de Tiro Boa Vila – A Devesa, Praza Sequeiros 69, CP: 36692, Alba, no Concello de Pontevedra. E o domicilio fiscal no domicilio do Presidente do Club dentro do Municipio de Pontevedra.

O Presidente, cando as circunstancias o aconsellen, poderá acordar o cambio de calquera dos domicilios dentro da mesma localidade. Para o traslado do domicilio social a outro emprazamento, que deberá ser sempre dentro do territorio do Concello de Pontevedra, será necesario o acordo maioritario da Asemblea Xeral Extraordinaria.

En ambos os casos, o traslado de domicilio non implica modificación estatutaria, e terá de ser notificado aos socios, e ao Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia.

CAPITULO II
SOCIOS: ADMISIÓN, DEREITOS E OBRIGAS

Artiqo 4.-

O número de socios será ilimitado. A Asemblea Xeral poderá suspender, non obstante, a admisión de novos socios cando así o esixan razóns de aforo ou capacidade física das instalacións. Os socios poderán ser das seguintes clases: de número, honoríficos, aspirantes e familiares.

Artiqo 5.-

Son socios de número todas as persoas maiores de idade, que teñan aboado a cota social do Club establecida pola Asamblea Xeral.

Os menores de 18 anos, clasificaranse como socios aspirantes, tendo dereito ao uso das instalacións sociais mediante a cota que se fixe e pasarán automaticamente a ser socios de número ao cumpriren a maioría de idade.

Serán socios honoríficos aquelas persoas ás que a Asemblea Xeral confira esta distinción e terán un posto de referencia nos actos oficiais da sociedade. lndependentemente desta condición poderán seguir sendo
socios de número.

As cotas cobraranse por persoa física, segundo o establecido pola Asamblea Xeral.

Artiqo 6.-

1.- Os socios de número terán os seguintes dereitos:

a) Contribuír ao cumprimento dos fins específicos da Asociación.

b) Esixir que a Asociación se axuste ao disposto na normativa autonómica deportiva e ao establecido nos presentes Estatutos.

c) Separarse libremente da Asociación.

d) Coñecer as actividades da Asociación e examinar a documentación, logo de petición razoada ao Presidente.

e) Expor libremente as súas opinións no seo da Asociación.

f) Ser elector e elixible para os órganos de representación e goberno da Asociación, sempre que teña plena capacidade de obrar.

2.- Son obrigas dos socios de número

a) Aboar as cotas que esixa a Asemblea Xeral.

b) Contribuír ao sostemento e difusión do deporte ou modalidades deportivas da Asociación.

c) Acatar cantas disposicións dite a Asemblea Xeral, a Xunta Directiva ou o Presidente para o bo goberno da Asociación.

3.- Os socios aspirantes terán dereito a aproveitarse dos servizos e instalacións sociais da Asociación.

4.- Para poder exercitar o seu dereito a voto, o socio deberá estar ao corrente de pago das súas cotas, antes do inicio da Asamblea Xeral. Considerase como a COTA BASE a MENSUAL, se ben pódense
establecer distintas formas para o seu pagamento (mensual, trimestral ou semestral).

Artiqo 7.-

Para ser admitido como socio será necesario:

a) Ter a idade mínima esixida pola Asemblea Xeral.

b) A solicitude por escrito dirixida ao Presidente. Debendo ser presentada pola súa nai, pai ou titor legal no caso de tratarse dun menor de idade.

c) Satisfacer a cota de ingreso correspondente.

Artiqo 8.-

A condición de socio pérdese

a) Por vontade propia.

b) Por falta de pago de TRES cotas sociais, despois do requirimento de pago, e consecuente resolución do Presidente.

c) Por acordo do Comité de Disciplina do Club, de ser o caso, fundado en faltas de carácter grave ou moi grave, despois da audiencia do interesado, que haberá de ser ratificado polo Presidente e presentado na primeira Asemblea Xeralque se celebre.

d) Por calquera outra causa establecida na lexislación vixente.

CAPíTULO III
ÓRGANOS DE REPRESENTACIÓN E GOBERNO

Artiqo 9.-

Son órganos de representación e goberno do Club, a Asemblea Xeral, a Xunta Directiva e o Presidente.

Artiqo 10.-

O Presidente é o órgano executivo do Club, posúe a representación legal, convoca e preside os órganos de representación e goberno executando os acordos destes.

O cargo de Presidente é a título gratuíto e carente de interese nos resultados económicos da explotación, por si mesmo ou a través de persoa imposta.

Será elixido mediante sufraxio libre, directo, ou igual e segredo por entre os membros da Asemblea Xeral, cada 4 anos.

Artiqo 11.-

O Presidente cesará por:

a) Transcorrer o prazo polo que foi elixido.

b) Dimisión.

c) Falecemento ou incapacidade para continuar no exercicio do seu cargo.

d)Aprobación dunha moción de censura pola Asemblea Xeral.

e) lnhabilitación por sentenza xudicial firme ou sanción deportiva.

Artiqo 12.-

1.- Como órgano complementario de goberno e representación haberá unha Xunta Directiva que actuará como órgano colexiado de xestión do Club, e exercerá as funcións que estes Estatutos lle confire.

2.- Os membros da Xunta Directiva serán designados e revogados libremente polo Presidente, debendo dar conta diso na primeira Asemblea Xeral que se celebre. Da mesma formará parte un Vicepresidente, un Secretario, un tesoureiro e tres vogais. Todos os cargos serán gratuítos e carecerán de interese nos resultados económicos do Club por si mesmos ou persoa interposta.

Artiqo 13.-

1.- A Xunta Directiva quedará validamente constituída en primeira convocatoria cando concorran a ela a maioría dos seus membros. En segunda convocatoria será suficiente a concorrencia, polo menos, de tres dos seus membros, sendo un deles en calquera caso o Presidente ou o Vicepresidente.

2.- A Xunta Directiva convocarase polo Presidente con dous días de antelación, como mínimo, á data de celebración. A Xunta Directiva quedará tamén validamente constituída cando estean presentes todos os seus membros, aínda que non mediara convocatoria previa.

3.- En concreto corresponde á Xunta Directiva

a) Dirixir a xestión do Club, velando polo cumprimento do seu obxecto social.

b) Formular o inventario, memoria e presuposto anual, que se someterá a aprobación da Asamblea.

c) Aplicar todas as medidas deportivas, económicas e administrativas precisas para o fomento e desenvolvemento do depode dentro do Club.

Artiqo 14.-

O Vicepresidente, en ausencia do Presidente, posúe a representación institucional do Club e preside os órganos de representación e goberno executando os acordos destes. En caso de cese do Presidente antes da finalización da lexislatura, será o Vicepresidente quen asuma todas as funcións da presidencia ata a convocatoria de novas eleccións.

Artiqo 15.-

O Secretario da Xunta Directiva coidará do arquivo da documentación, redactará cantos documentos afecten â marcha administrativa da Asociación e levará o Libro de Rexistro de Socios e Libro de Actas.

Artiqo 16.-

1.- O Tesoureiro da Xunta Directiva será o depositario da Asociación asinará os recibos, autorizarâ os pagos e levará os Libros de Contabilidade.

2.- Será obriga do Tesoureiro formalizar, durante o primeiro mes de cada ano, unha conta de resultados económicos, as contas de ingresos e gastos e os presupostos anuais, que se porán en coñecemento de todos os  asociados

Artiqo 17.-

1.- A Asemblea Xeral é o órgano supremo de goberno do Club e estará integrada por todos os socios de número.

2.- As Asembleas Xerais, tanto Ordinarias como Extraordinarias, quedarán validamente constituídas en primeira convocatoria cando concorran a ela a maioría dos asociados. En segunda e última convocatoria media hora máis tarde, quedará constituída calquera que sexa o número de membros presentes. Entre a data de convocatoria e o día sinalado para a súa celebración terán de mediar, como mínimo, 10 (dez) días naturais e non poderán transcorrer máis de 20 (vinte).

Artiqo 18.-

A Asemblea Xeral convocarase polo Presidente a iniciativa propia ou do vintecinco por cento, cando menos, dos socios de número.

1.- A Asemblea Xeral reunirase con carácter ordinario, despois da convocatoria do Presidente, polo menos unha vez ao ano para tratar das seguintes cuestións:

a) Memoria, liquidación do presuposto, balance do exercicio, rendición de contas e aprobación se procede.

b) Presuposto para o seguinte exercicio.

c) Proxecto e propostas do Presidente ou da Xunta Directiva.

d) Propostas que formulen os socios e que terán de ir asinadas, cando menos, polo cinco por cento dos mesmos.

e) Rogos e preguntas.

2.- Terâ de se celebrar Asemblea Xeral Extraordinaria para a modificación de Estatutos, elección do Presidente, toma de cartos a préstamo, emisión de títulos representativos de débeda ou de parte alícuota patrimonial, alleamento de bens inmobles e fixación de cotas dos socios, e calquera outro acordo previsto nestes Estatutos ou que se estime oportuno polo Presidente ou proceda legalmente.

Artiqo 19.-

Os acordos da Asemblea Xeral adoptaranse por maioría simple dos presentes, requiríndose unha maioría cualificada e un quórum determinado de asistencia para aqueles asuntos que establezan os Estatutos. Serán vinculantes e de obrigado cumprimento e terán forza executiva a partir da data da súa adopción, sen prexuízo, por razón da materia, da posibilidade da súa impugnación perante os órganos competentes e da Federación Galega Deportiva da modalidade ou perante o Comité Galego de Xustiza Deportiva.

CAPíTULO IV
REXIME DOCUMENTAL

Artiqo 20.-

O réxime documental do Club constará dos seguintes libros: Rexistro de Socios, de Actas e Contábeis.

Artiqo 21.-

No Libro de Rexistro de Socios terán que constar os nomes e apelidos dos socios de número, o seu D.N.l. e, de ser o caso, os cargos de representación, goberno e administración que exerzan no Club. Tamén hanse especiflcar as datas de altas e baixas, e as de toma de posesión e cese nos cargos aludidos.

Artigo 22.-

No Libro de Actas, consignaranse as reunións que celebre a Asemblea Xeral e a Xunta Directiva, con expresión da data, asistentes, asuntos tratados e acordos adoptados. As actas terán de estar asinadas, en todo caso, polo Presidente e o Secretario.

Artiqo 23.-

Nos Libros de Contabilidade figurarán tanto o patrimonio como os dereitos e obrigas, e ingresos e gastos do Club, debéndose precisar a procedencia daqueles e o investimento ou destino destes.

RÉXIME DISCIPLINARIO

Artiqo 24.-

Os órganos e socios do Club estarán sometidos ao regulamento disciplinario do Club e ao disposto no Título Vll da Lei 3/2012, do Deporte de Galicia e á súa normativa de desenvolvemento.

Artiqo 25.-

Así mesmo, o Presidente e os membros da Xunta Directiva responderán fronte os socios, o Club ou terceiros dos prexuizos que ocasionaran por culpa ou neglixencia grave, de conformidade coa regulamentación propia do Club e o Ordenamento Xurídico vixente.
Club Boa Vila de Trro con Arco

CAPíTULO V
RÉXIME ECONÓMICO-FINANCEIRO E PATRIMONIAL

Artiqo 26.-

1.- No momento da creación do Club, o seu patrimonio, locais propios son: ningún.

2.- No futuro, o patrimonio do Club estará integrado por: instalacións e

a) As achegas económicas dos socios, que aprobe a Asemblea Xeral.

b) As doazóns e subvencións que reciba.

c) Os resultados económicos que pode producir as manifestacións físicodeportivas que organice a entidade.

d) As rendas, froitos e intereses do seu patrimonio.

Queda expresamente excluído como fin do Club o ánimo de lucro e a totalidade dos seus ingresos e beneficios aplicaranse ao cumprimento dos seus fins sociais.

Artigo 27.-

O Club poderá gravar e allear bens, mobles e inmobles, tomar diñeiro a préstamo e emitir títulos transmisibles representativos de débeda ou parte alícuota patrimonial, sempre que cumpra os seguintes requisitos:

1.- Que se autoricen tales operacións por maioría de dous terzos dos socios presentes ou representados na Asemblea Xeral Extraordinaria.

2.- Que ditos actos non comprometan de modo irreversible o patrimonio da Entidade ou actividade físico-deportiva que constitúa o seu obxecto social. Para a adecuada xustificación deste aspecto poderase esixir, sempre que o soliciten como mínimo o cinco por cento dos socios de número, o oportuno ditame económico-actuarial.

3.- Cando se trate de gravar ou allear bens, mobles e inmobles que foran financiados, en todo ou parte, con fondos públicos da Comunidade Autónoma será preceptiva a autorización previa do órgano competente da Xunta de Galicia.

Artiqo 28.-

O Club poderá emitir tÍtulos de débeda ou de parte de alícuota patrimonial, que serán nominativos.

Os títulos inscribiranse nun libro que levará para o efecto o Club, no que se anotarán as sucesivas transferencias.

En todos os títulos constará o valor nominal, a data de emisión, e, de ser o caso, o xuro e prazo de amortización

Artiqo 29.-

Os títulos de débeda só se poderán subscribir polos asociados de número, e a súa posesión non conferirá dereito ningún especial aos socios de número, agás a percepción dos xuros establecidos conforme a lexislación vixente.

Artiqo 30.-

Os títulos de parte alícuota patrimonial han de ser subscritos polos asociados de número. En ningún caso estes títulos darán dereito á percepción de dividendos ou beneficios.

Artiqo 31.-

Os títulos de débeda e parte alícuota patrimonial serán transferidos unicamente entre os que teñan a condición de socios de número.

CAPITULO VI
DOS ESTATUTOS E DISOLUCIÓN DO CLUB

Artiqo 32.-

Os presentes Estatutos só se poderán modificar, reformar ou derrogar, por acordo da Asemblea Xeral Extraordinaria convocada para tal efecto, mediante votación favorable dos dous terzos dos socios de número asistentes.

A reforma destes Estatutos seguirá, con respecto ao Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia, os mesmos trámites administrativos que para a sÚa inscrición.

Artiqo 33.-

O Club extinguirase ou disolverase

a) Por acordo de dous terzos dos socios en Asemblea Xeral Extraordinaria, convocada para o efecto.

b) Por sentenza xudicial.

c) Por outras causas legalmente determinadas.

En todo caso deberá ser notificado ao Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia.

Artiqo 34.-

Disolto o Club, o remanente do seu patrimonio social, se o houbera, aplicarase a fins análogos de carácter deportivo ben por acordo previo da Asemblea Xeral ou subsidiariamente polo órgano competente en materia de deporte da Xunta de Galicia.

 

ANEXO 1
DISPOSICIÓN ADICIONAL

O Club Boa Vila de Tiro con Arco foi fundado o 14 de xuño de 1991 polas persoas que a continuación cítanse:

D. José Luis López López

D. José M. Viso de la Granja

D. José Juan Presedo Díaz

D. Antonio José López López

D.Francisco Eirín González